03
Maio
‘GALIZA. UN POBO, UNHA SELECCIÓN
OS XARDÍNS NORIEGA VARELA ACOLLEN ATA O DÍA 15 DE MAIO A EXPOSICIÓN ‘GALIZA. UN POBO, UNHA SELECCIÓN’
Viveiro, 2 de maio de 2022. Viveiro acolle desde hoxe a exposición itinerante ‘Galiza. Un pobo, unha selección’, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A mostra está formada por 10 estruturas triangulares que conforman un total de 30 lonas con imaxes e textos relacionados co deporte galego. Está instalada nos xardíns Noriega Varela e pode visitarse ata o 15 de maio.
A exposición fai un repaso pola traxectoria histórica do deporte galego, ao mesmo tempo que busca reivindicar o dereito de Galicia a competir a nivel oficial e internacional en todo tipo de disciplinas deportivas.
Na presentación desta mostra estiveron presentes a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o tenente de alcalde, Jesús Fernández, e Efrén Castro, deputado de Deportes da Deputación de Lugo.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro