“VIVEIRO SOSTIBLE, APRENDENDO A COIDAR DA NOSA CONTORNA

“VIVEIRO SOSTIBLE, APRENDENDO A COIDAR DA NOSA CONTORNA

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A EXPOSICIÓN “VIVEIRO SOSTIBLE, APRENDENDO A COIDAR DA NOSA CONTORNA” ATA O 24 DE FEBREIRO

 Viveiro, 14 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro acolleu esta mañá, coincidindo co Día da Enerxía, a presentación da exposición “Viveiro sostible, aprendendo a coidar da nosa contorna”, organizada pola Asociación Prato_DO e o Centro Asociado da UNED en Lugo.


 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, acudiu á presentación desta mostra, así como Alejandro Prieto Mazaira, secretario da UNED Lugo, e Lucas Requejo Fernández, fundador de Prato_DO


 

A exposición ubícase na Sala Multiusos do Concello de Viveiro e conta con tres mostras cedidas polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. As tres mostras versan, respectivamente, sobre a biodiversidade de Galicia, o cambio climático e a importancia de coidar o noso mar.


 

Dende o Concello de Viveiro estamos convencidos na necesidade de desenvolver accións de concienciación sobre o medio ambiente e cambio climático”, manifestou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.


 

Neste sentido, levamos a cabo un programa de compostaxe, que tivo unha grande repercusión e uns resultados altamente positivos”, engade a rexedora.


 

Dende o goberno local, anímase tanto ao público en xeral como á comunidade educativa a visitar nos próximos días a exposición. O Concello de Viveiro recalca a importancia desta exposición como unha invitación á reflexión sobre o medio ambiente, a biodiversidade e o cambio climático.


 

A mostra poderá visitarse ata o próximo 24 de febreiro, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00.

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar