1° CONCURSO DE COMPOSICIÓN DE MARCHAS PROCESIONAIS ‘BLAS GARCÍA LIZ’

1° CONCURSO DE COMPOSICIÓN DE MARCHAS PROCESIONAIS ‘BLAS GARCÍA LIZ’

PRESENTACIÓN DO 1° CONCURSO DE COMPOSICIÓN DE MARCHAS PROCESIONAIS ‘BLAS GARCÍA LIZ’

ONTE POLA TARDE, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, a Banda de Música O Landro de Viveiro, en colaboración co Concello de Viveiro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, presentaron o 1° Concurso de Composición de Marchas Procesionais 2023, que leva o nome de Blas García Liz.
 
"Un novo pulo á creación cultural, co que promovemos o talento dos compositores e compositoras de toda España. Aproveito estas verbas para agradecer a implicación neste proxecto da Banda de Música O Landro de Viveiro e da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro", afirmou a alcaldesa, María Loureiro.
 
"Gustaríame destacar por suposto que con este certame rendemos unha homenaxe a unha figura de grande importancia no noso municipio, Blas García Liz, cuxa recente perda supuxo un duro golpe para a nosa cultura e sobre todo para a Banda Municipal “O Landro”, da que era o seu presidente", manifestou.
 
"Este certame pretende homenaxear a súa traxectoria, intimamente ligada co percorrido da nosa banda. Blas implicouse na banda en todos os niveis, primeiro como músico e máis tarde como directivo, pero sempre loitando para que a Banda e, polo tanto, Viveiro, estivesen ao máis alto nivel musical", engadiu.
 
Fíxose tamén entrega dun agasallo á Xunta de Cofradías con motivo da estrea da Marcha ‘El beso de Judas’ de David Rivas, composta polo 75 aniversario da ‘Irmandade do Prendemento’.
 
GRAZAS POLO VOSO INTERESE!

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar