130 ANOS DO MUNICIPIO COMO CIDADE

130 ANOS DO MUNICIPIO COMO CIDADE

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA HOXE OS 130 ANOS DO MUNICIPIO COMO CIDADE

Viveiro, 29 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro conmemora hoxe, 30 de xuño, o 130 aniversario da concesión do título de cidade ao municipio de Viveiro. Os feitos están recollidos nos libros dos historiadores Enrique Chao Espina e Juan Donapetry.


 

O municipio, antes de recibir o título, gozaba xa das honras de “Moi Noble e Moi leal”. Porén, en xuño de 1891 o Concello de Viveiro, dirixido por César Almoina na época decidiu solicitar ao ministro da Gobernación a concesión de título de cidade e o tratamento de Excelencia para a súa Corporación Municipal.


 

As xestións serían realizadas polo deputado do distrito electoral viveirense, Ramón Rebellón Zubiri.


 

A petición sustentábase “nos notables feitos que rexistra a historia de Viveiro e nos inminentes servizos que a Patria e a Monarquía prestou a esa antiga e importante vila real”.


 

O título de cidade foi outorgado a Viveiro o 30 de xuño de 1891, pola raíña rexente María Cristina, no nome do seu fillo, o rei Alfonso XIII. Unha condición que, segundo o escrito no que foi anunciado, é outorgada para dar proba do real aprecio da rexente ao municipio.


 

O Concello de Viveiro conmemora un ano máis este aniversario, que contribúe a recordar a longa historia que alberga o municipio e a importante testemuña que supón para o paso do tempo.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar