2ª EDICIÓN DAS CARREIRAS DE CABALOS “CIDADE DE VIVEIRO”

2ª EDICIÓN DAS CARREIRAS DE CABALOS “CIDADE DE VIVEIRO”

O CONCELLO DE VIVEIRO ACOLLE A 2ª EDICIÓN DAS CARREIRAS DE CABALOS “CIDADE DE VIVEIRO” ESTE DOMINGO

Viveiro, 16 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro presentou hoxe a 2ª Edición das Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que terán lugar este domingo, 19 de setembro, no Campo de Fútbol de Celeiro. O evento celebrara a súa primeira edición en 2019 e retorna cun novo torneo tras a súa suspensión en 2020 por mor da COVID-19. 
 
Na presentación estiveron María Loureiro, alcaldesa de Viveiro; César Iglesias, concelleiro de Deportes; e Pedro Pardo, secretario da Asociación Cabaleiros do Landro, entidade que organiza a competición. 
 
Tras o peche das inscricións na competición, 150 cabalos participarán nesta edición das Carreiras de Cabalos. 
 
“Dende o goberno local apostamos por este tipo de citas, que suman valor a Viveiro e atraen a participantes e público a gozar do noso municipio e de Celeiro en concreto”, subliñou María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. 
 
As categorías de competición divídense en andadura libre serrada, andadura libre serrada, galope, así como carreiras de pura raza árabe nacional e galega. Nas diferentes categorías repartiranse premios de ata 400 euros, así como trofeos aos tres primeiros clasificados e medalla para o cuarto. 
 
A xornada comezará ás 10:00 coa apertura do recinto e a exposición da maquinaria. A proba seguirá en todo momento os protocolos sanitarios pertinentes tanto entre os participantes como entre o público asistente.
 
Saúdos, 
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar