5ª EDICIÓN DE SUPERARTE

5ª EDICIÓN DE SUPERARTE

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA DO 16 AO 22 DE OUTUBRO A 5ª EDICIÓN DE SUPERARTE

Viveiro, 12 de outubro de 2023. O Concello de Viveiro celebra entre os días 16 e 22 de outubro a 5º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional.

Superarte é xa un sinal de identidade do noso goberno local, un piar desde o que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa quinta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A mostra adícase este ano ao dano cerebral adquirido e conta como en cada edición coa colaboración dunha asociación. Para este ano, o Concello de Viveiro implicou á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro (Aspanane).

Agradecémoslles o seu esforzo guiándonos na programación desta edición”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Durante unha semana, Superarte proporá unha ampla programación gratuíta, na que se inclúen varios eventos alén das obras de teatro. Entre outras actividades, programouse a iniciativa ‘O Comercio Inclúe’, con xornadas de convivencia entre o Centro Comercial Histórico de Viveiro e Aspanane, e unha Festa para a Diversidade.

Haberá tamén exposicións, talleres de fotografía e actividades de sensibilización en colexios de Infantil e institutos a cargo de Fegadace. “Como cada ano, un dos nosos obxectivos é plantar a semente da inclusión na rapazada para crear así unha sociedade inclusiva no futuro”, explica a concelleira de Cultura.

Esta mostra é un evento pioneiro en Galicia, porque outorga espazos nos que as persoas con diversidade funcional expresan a súa arte e crean relación co resto da comunidade”, finaliza Fernández-Noriega, que agradece a implicación das distintas asociacións no proxecto.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar