A ALCALDESA DE VIVEIRO COORDINA A SEGURIDADE

A ALCALDESA DE VIVEIRO COORDINA A SEGURIDADE

A ALCALDESA DE VIVEIRO COORDINA A SEGURIDADE DO VIVEIRO MUSIC FEST E DA SEMANA SANTA XUNTO Á SUBDELEGADA DO GOBERNO

Viveiro, 4 de abril de 2022. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, copresidiu, xunto á subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a Xunta Local de Seguridade, para ultimar os dispositivos de seguridade no Viveiro Music Fest, previsto para este venres 8 de abril, e os actos da Semana Santa viveirense.

 

Esta Xunta Local de Seguridade dá continuidade ás reunións de traballo celebradas na pasada semana, co obxectivo de definir a seguridade das dúas citas.

 

Ambos eventos terán unha importante afluencia de persoas, polo que cómpre ultimar con detalle os preparativos en materia de seguridade. Na reunión participaron tamén responsables de seguridade do Concello, da Policía Nacional, o subsector de Tráfico e a Garda Civil do Mar, a Policía Local, a Policía Autonómica e a Policía Portuaria, xunto con representantes da organización do Festival e da Xunta de Confrarías de Viveiro.

 

Tamén estiveron presentes representantes da dirección xeral de Emerxencias, de Protección Civil e do departamento de Obras.

 

Durante a xuntanza, examinouse o programa de ambas citas, así como os puntos nos que se pode producir maior concentración de persoas e coordinouse o labor que desenvolverán os distintos corpos de seguridade e de emerxencia con motivo destes eventos.

 

Tanto o Viveiro Music Fest como a nosa Semana Santa atraen a un importante número de visitantes, que se suman aos viveirenses que gozan destas citas. Por iso, cómpre unha axeitada coordinación entre todos os corpos de seguridade”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar