21
Abril
A ALCALDESA E CONCELLEIRO DE OBRAS REÚNENSE COS VECIÑOS DE COVAS
Na reunión celebrada o 20 de abril, na casa do concello, María Loureiro e Jesús Fernández Cal explicaron aos veciños de Covas as xestións realizadas polo Concello tras a reunión veciñal do pasado 18 de marzo.
Nesta xuntanza, previa á asemblea vecinal que terá lugar o venres 22 de abril, constatouse que existe consenso entre o concello e os veciños ao considerar que o primordial é asegurar que as vivendas non corran perigo e frenar o deterioro que vén sufrindo a praia de Covas. Por parte do Goberno Municipal, explicouse o contido do escrito remitido a Costas o pasado 29 de marzo , no que o concello propoñía crear unha barreira de formigón baixo o paseo e acometer o trasvase de area dende a zona do Cembedo ata os Castelos e no que se indicaba que a solución máis efectiva pasa por construír un espigón dende a zona onde apenas hai area, en dirección oblicua á zona de baño.