07
Abril
A ALCALDESA REUNIUSE COS TRABALLADORES E REPRESENTANTES SINDICAIS DE CONSERVAS ALONSO TRAS O ANUNCIO DE PECHE DA FÁBRICA
O martes 5 de abril, a Alcaldesa reuniuse con traballadores e representantes sindicais de Conservas Alonso para amosar o apoio do concello e buscar algunha opción que evite o peche
Na reunión referida, a Alcaldesa trasladou aos traballadores e representantes sindicais da conserveira o seu apoio e o compromiso, dentro das propias competencias e posibilidades, para buscar unha solución que evite o peche da fábrica de Celeiro.
O vindeiro luns, 11 de abril, a Alcaldesa reunirase cos portavoces dos distintos grupos municipais para consensuar unha proposta que evite o seu peche.