A TVG GRAVARÁ MAÑÁ EN VIVEIRO UN NOVO PROGRAMA DE TELEVISIÓN

A TVG GRAVARÁ MAÑÁ EN VIVEIRO UN NOVO PROGRAMA DE TELEVISIÓN

A TVG está a traballar na gravación dun novo programa de televisión, Álbum de viaxe, e o seu primeiro programa gravarase mañá, 22 de abril, en Viveiro

O primeiro capítulo do programa Álbum de Viaxe, que se emitirá nun prime time da TVG, gravarase mañá sábado 22 de abril de 2016 en Viveiro; a dinámica deste programa consistirá no desprazamento de diversas familias a distintos puntos de Galicia para que pasen un fin de semana, durante o que deberán sacar fotografías dos lugares que visitan e, ao final do programa, entre os álbums realizados por cada unha das familias, premiarase o mellor.

 Viveiro foi un dos lugares escollidos para a gravación do primeiro capítulo e ata aquí desprazarase unha familia de Ourense composta por un matrimonio, dous fillos e a avoa. O inicio da gravación no noso municipio terá lugar no eucaliptal de Chavín, onde a familia será recibida por Marisol Rey Yáñez, Concelleira de Turismo.

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar