30
Setembro
ABERTO PRAZO MATRÍCULA AULA UNED
A AULA DA UNED DE VIVEIRO MANTÉN ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25 ATA O 22 DE OUTUBRO
---Pódese elixir entre 30 grados sen límite de prazas e sen nota de corte
Viveiro, 30 de setembro de 2024. A Aula da UNED de Viveiro mantén aberto o prazo de matrícula para o curso 2024/25 ata o 22 de outubro.
Os veciños e veciñas de Viveiro poden elixir entre 30 grados sen límite de prazas e sen nota de corte.
A alcaldesa, María Loureiro, destaca “a amplia oferta e a colaboración fluída coa UNED, que no Concello de Viveiro está máis que consolidada, e que é garante de formación universitaria de calidade e proximidade para a sociedade mariñá”.
Aquelas persoas que non teñan titulación necesaria para matricularte nos grados, poden facelo no curso de acceso á universidade para maiores de 25 e 45 anos.
Dende o 23 de setembro o 23 de outubro permanecerá aberta tamén a matrícula na UNED Senior (maiores de 55 anos) para as seguintes asignaturas: ‘Aproximación á historia do cine galego’, impartida os martes de 18:00 a 20:00 horas, e ‘A historia da arte: camiño da contemporaneidade’, impartida os xoves nese mesmo horario.
Os interesados poden matricularse e acadar mais información nas instalacións da UNED: Avenida de Cervantes s/n, Claustros da Igrexia de San Francisco. www.uned.es Teléfono: 982 563601
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro