ABONOS DO RESURRECTION FEST Á CIDADANÍA DE VIVEIRO

ABONOS DO RESURRECTION FEST Á CIDADANÍA DE VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO COMEZA MAÑÁ VENRES A VENDA DE ABONOS DO RESURRECTION FEST Á CIDADANÍA DE VIVEIRO CON PREZO REDUCIDO

Viveiro, 31 de marzo de 2022. Dende o goberno municipal infórmase que a dende mañá, venres 1 de abril, todos os venres venderanse as entradas do Resurrection Fest para os empadroados e empadroadas no Concello de Viveiro.

 

Todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir ao Resurrection Fest teñen o desconto do 50%, en virtude do acordo que o Concello de Viveiro ten coa organización do festival. 

 

Con esta promoción, agradécese á veciñanza a tolerancia e respecto que ano tras ano demostraron, xa que, malia o efecto positivo do festival no municipio, a cita pode ocasionar algunha incomodidade entre a cidadanía. 

 

As entradas poderanse comprar os venres, no 1º andar dos claustros de San Francisco, en horario de 9:00 a 11:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas. 

 

Para a súa adquisición é necesario presentar o DNI, o pago realizarase unicamente con tarxeta e o seu custe é de 79€ para as entradas normais e de 149€ para as Pandemonium.

 

 

Saúdos, 

Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar