09
Setembro
ACOLLIDA SAHARAUÍ
O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE Á CATIVADA SAHARAUÍ QUE FOI ACOLLIDA POR FAMILIAS DO MUNICIPIO DURANTE O VERÁN
Viveiro, 9 de setembro de 2024. O Concello de Viveiro sumouse este ano de novo á iniciativa ‘Vacacións en Paz’, o proxecto de acollida temporal de nenos e nenas saharauís durante os meses de xullo e agosto.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a concelleira de Benestar Social, Catalina Fernández, recibiron na Casa do Concello á nena e aos dous nenos saharauis que estiveron no municipio antes do seu regreso.
“O Concello leva moitos anos participando neste programa tan necesario, que é un xeito de amosar solidariedade e cooperar co pobo do Sáhara Occidental ao tempo que nos enriquecemos e aprendemos coa súa cultura" sinala Loureiro.
"Viveiro forma parte desta iniciativa dende 1996, permitindo ás familias saharauís a posibilidade de que as súas fillas e fillos gocen dunha estancia agradable da man das familias acolledoras do municipio", explica a rexedora.
“Trátase dunha experiencia moi especial e enriquecedora, tanto para a cativada saharauí acollida como para as familias que a acollen, coa que seguiremos amosando o noso compromiso”, engade Catalina Fernández.
Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro