ACONDICIONAMENTO NA ZONA DA VARIANTE E SAN ROQUE

ACONDICIONAMENTO NA ZONA DA VARIANTE E SAN ROQUE

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA REALIZACIÓN DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO NA ZONA DA VARIANTE E SAN ROQUE

Viveiro, 3 de xullo de 2024. O Concello de Viveiro informa de que onte comezaron unhas obras de acondicionamento, preparación e nivelación do terreo na zona da variante e San Roque.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, encargouse de solicitar a maquinaria á Presidencia da Deputación de Lugo e os equipos xa traballan “na formación da base e a aplicación das capas de rego asfáltico; as obras están desenvolvéndose a un bo ritmo, prevéndose que poidan estar rematadas o venres”, asegura.

Pola súa parte, Míriam Bermúdez, tenenta de alcaldesa e concelleira de Obras, afirma que se organizaron "as actuacións previas necesarias para rebaixar a cota, facer o recrecido de tapas e xestionar o material sobrante”.

Unha vez finalizadas as obras, é preciso manter ese espazo pechado ao tráfico rodado para garantir a boa execución das mesmas durante tres días.

Neste sentido, sinalizarase in situ indicando ata que día non se poderá acceder a este espazo.

Dende o Concello de Viveiro pídese desculpas polas molestias que se poidan ocasionar.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar