ACORDO ENTRE A FUNDACIÓN VODAFONE E A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA

ACORDO ENTRE A FUNDACIÓN VODAFONE E A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE A PRESENTACIÓN DO ACORDO ENTRE A FUNDACIÓN VODAFONE E A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA

Viveiro, 21 de outubro de 2021. O Concello de Viveiro acolleu hoxe a presentación do acordo entre a Fundación Vodafone e a Mancomunidade de Concellos da Mariña. Grazas a este proxecto, 9 concellos e 11 dos institutos da comarca formarán parte da comunidade Youth 4 Good e realizarán este a no o programa da Fundación Vodafone “Project Lab”.


 

A presentación contou coa presenza de María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, quen destacou o seu orgullo “porque este novo acordo deriva en boa medida dos resultados obtidos no anterior programa polo alumnado do IES María Sarmiento de Viveiro”.


 

A rexedora trasladou a súa felicitación ao alumando do centro, que fora premiado na anterior edición polo proxecto “Peripatéticos Vivairenses”.


 

No acto tamén estiveron presentes, Francisco Cajoto, presidente Mancomunidade A Mariña Lucense; Gloria Placer, directora da Fundación Vodafone España; María Carmen Gueimunde, responsable da Xefatura Provincial de Lugo da consellería de Educación.


 

Este proxecto consiste nun programa de formación online mentorizado destinado a alumnos/as de 3º, 4º da ESO, Bacharelato e FP Básico, para o seu desenvolvemento de competencias. Todo este programa canalízase a través dunha aprendizaxe baseado en retos en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS).

A través deste programa, búscase que os alumnos e alumnas potencien o seu pensamento crítico, a creatividade, a colaboración e a comunicación, todo isto acompañado das competencias dixitais.


 

Só escoitando os temas elixidos é sinxelo xustificar a importancia deste programa e a conveniencia de implicar a toda a comarca da Mariña. É moi importante que as próximas xeracións fomenten o espírito colectivo e a conciencia social”, subliñou a alcaldesa viveirense.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar