Actividades culturais 26/27 setembro 2020

ACTIVIDADES CULTURAIS 26/27 SETEMBRO 2020

O CONCELLO DE VIVEIRO PROGRAMA VARIAS ACTIVIDADES CULTURAIS PARA ESTE FIN DE SEMANA, CON ESPECTÁCULOS DE CONTACONTOS

 Viveiro, 22 de setembro de 2020. O Concellería de Cultura do Concello de Viveiro organiza este próximo fin de semana varias actividades culturais, todas elas con aforos limitados e respectando os protocolos sanitarios.

 

O sábado, 26 de setembro, ás 12:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro, haberá o espectáculo de contacontos 'Contos de Michos', con Pedro Brandariz, mentres que pola tarde o Teatro Pastor Díaz será o escenario ás 18:00 horas de ‘Puño, Puñete’, de Baobab Teatro, con cantigas, contos e tradición oral.

 

Para pechar a xornada do sábado, actuará a Banda municipal de música O Landro ás 20.30 horas na carpa situada nos Xardíns Noriega Varela.

 

O domingo, chega a Viveiro Brassica Rapa, a primeira fanfarria galega 100% feminina. O concerto será ás 19.30 horas na carpa situada nos xardíns Noriega Varela.

 

Todos os espectáculos serán de balde pero con aforo limitado. Para reservar entradas e obter máis información, é necesario chamar ao 982 560 128.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar