ACTO EN SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO

ACTO EN SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO

O CONCELLO DE VIVEIRO CONVIDA AOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS A UN ACTO EN SOLIDARIEDADE CO POBO UCRAÍNO MAÑÁ ÁS 12:00 HORAS

Viveiro, 8 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro súmase a unha iniciativa da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e convoca mañá mércores, día 9 de marzo, ás 12:00 horas un acto en solidaridade co pobo ucraíno.

Será unha concentración silenciosa de cinco minutos fronte ás portas do concello, na praza Maior de Viveiro.

O concello pretende desta forma trasladar o seu apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucrania. 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar