ACTUALIZACIÓN COVID-19 CONCELLO DE VIVEIRO

ACTUALIZACIÓN COVID-19 CONCELLO DE VIVEIRO

ACTUALIZACIÓN COVID-19 CONCELLO DE VIVEIRO

No Concello de Viveiro hai a día de hoxe 53 casos activos de coronavirus, segundo nos comunican da xerencia da área sanitaria.

Segundo os datos da Consellería de Sanidade da Xunta, o concello baixou a un nivel de alerta epidemiolóxica 2 (LARANXA), é dicir, entre 7 e 14 casos novos positivos de coronavirus confirmados por PCR nos últimos sete días.

É IMPORTANTE ter claro que para establecer estos niveis a Xunta ten en conta os novos casos confirmados por PCR na última semana, non os casos totais no concello (que repetimos que son 53).

Onte non se rexistrou ningún caso positivo e a evolución está sendo boa, por que hai xornadas que se detectan só 1 ou 2 casos, ou algún día ningún. Durante a última semana non se pasou de 20 positivos, como pasou a anterior.

Á marxe das probas que se realizan nas residencias de maiores ou nos centros educativos, Sanidade realiza unha 120 PCR diarias en Viveiro, detectando nas últimas xornadas una redución significativa dos positivos.

Agradecemos a vosa colaboración, temos que facer un esforzo conxunto para frear a curva, respectando as medidas e reducindo a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.

Lembrade que hai servizo, prestado por Protección Civil e seguindo un protocolo establecido, para axudar a aquelas familias afectadas pola Covid cando ningún dos seus membros pode saír á rúa, para poder depositar ás bolsas de lixo nos colectores ou cubrir as necesidades urxentes, como pode ser alimentación ou medicinas.

O Concello de Viveiro fai de novo un chamamento á responsabilidade veciñal. É fundamental respectar todas as recomendacións sanitarias. As próximas semanas son fundamentais para reducir a presión hospitalaria.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar