ADRÁN BEN,

ADRÁN BEN,

VIVEIRO CELEBRA O QUINTO POSTO E O DÍPLOMA OLÍMPICO DE ADRÁN BEN, NUNHA XORNADA MOI EMOTIVA CON TODO O CONCELLO APOIANDO E MOI ORGULLOSO DO SEU VECIÑO

Viveiro, 4 de agosto de 2021. Viveiro viviu hoxe unha xornada moi emotiva, con todo o concello pendente e apoiando a Adrián Ben, o primeiro atleta español que participa nunha final olímpica de 800 metros.

 

O resultado final foi un éxito. Adrián Ben, con só 23 anos cumpridos hoxe, terminou en uinta posición, acadando un diploma olímpico.

 

A final foi seguida en todos os fogares de Viveiro e o concello instalou unha pantalla xigante nos Xardíns Noriega Varela.

 

Poucas veces vivimos algo así en Viveiro, está todo o concello moi orgulloso de Adrián, un rapaz humilde e traballador que está facendo historia”, asegura María Loureiro, alcaldesa de Viveiro

 

No pleno desta tarde, o grupo de goberno proporá que Adrián Ben sexa nomeado fillo predilecto de Viveiro.

 

Para esta proposta non só temos en conta os éxitos deportivos, se non tamén os valores que transmite”, engade Loureiro.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar