ADRIÁN BEN

ADRIÁN BEN

O CONCELLO DE VIVEIRO CELEBRA O PASE Á FINAL DE ADRIÁN BEN, QUE SERÁ PROPOSTO NO PRÓXIMO PLENO FILLO PREDILECTO POLOS SEUS ÉXITOS E POLOS VALORES QUE TRANSMITE

or primeira vez na historia, España terá un atleta na final olímpica de 800 metros… e será Adrián Ben, un orgullo para Viveiro.
 
No pleno que se celebrará esta semana, o grupo de goberno proporá que Adrián Ben sexa nomeado fillo predilecto de Viveiro.
 
“Para esta proposta non só temos en conta os éxitos deportivos, se non tamén os valores que transmite, é un motivo de inmensa ledicia que un rapaz de Viveiro con traballo e humildade chegue ata onde está”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
 
A semifinal de hoxe foi seguida con entusiasmo por todos os veciños e veciñas de Viveiro. Curiosamente, a final coincide co cumpreanos de Adrián, este mércores 4 de agosto.
 
O concello instalará unha pantalla xigante para seguir a final, aínda que non está decidida a ubicación.

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar