22
Xuño
AERTURA NOCHE SAN JUAN
O CONCELLO DE VIVEIRO PERMITIRÁ A AMPLIACIÓN DO HORARIO DE PECHE DA HOSTALERÍA NA NOITE DE SAN XOÁN
Viveiro, 19 de xuño de 2020. O Concello de Viveiro informa da ampliación dunha hora sobre o horario límite de peche habitual nos establecementos de hostalaría do Concello de Viveiro na noite de San Xoán, para aqueles locais que non teñan prohibida a súa actividade pola situación epidemiolóxica e sempre respectando as medidas de seguridade propostas polas autoridades sanitarias.
Antes da declaración do Estado de Alarma, o Concello de Viveiro solicitara á Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a ampliación horaria para diferentes festividades do 1º semestre do ano (Ponte de San Xosé, Semana Santa, Ponte do 1 de maio e San Xoán).
Unha vez finalizado o estado de alarma e as prórrogas decretadas para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que non permitiu autorizar a ampliación do horario solicitado para as datas comprendidas nese período, vén de resolverse a autorización que permite a ampliación na noite de San Xoan.
Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro