AFLUENCIA TURÍSTICA

AFLUENCIA TURÍSTICA

O CONCELLO DE VIVEIRO PECHA UN MES DE XULLO DE GRAN AFLUENCIA TURÍSTICA E CIFRAS DE OCUPACIÓN MOI ALTAS

Viveiro, 3 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro deixa atrás un mes de xullo cunhas cifras turísticas espectaculares, reflictidas na ocupación hoteleira, as visitas á Oficina de Turismo e o impacto no sector servizos.

A aposta de promoción turística dos últimos anos da os seus froitos, cunha cifras de visitantes moi elevadas”, explica a alcaldesa, María Loureiro, que destaca tamén que “xullo comezou co Resurrection Fest e despois celebramos o Mercado Renacentista, o que impulsou a ocupación”.

Segundo os datos do sector, a ocupación hoteleira mantívose todo o mes entre o 80 e o 100%. A estes datos hai que unir os 532 apartamentos turísticos privados con actividade en Viveiro.

A Oficina de Turismo recibiu en xullo a 4.415 persoas, 4.014 de España e 401 estranxeiras. Hai que ter en conta que coa posta en marcha por parte do concello de ferramentas dixitais de información a través da APP e o QR, hai moitos visitantes que xa non necesitan pasar pola oficina.

As visitas guiadas están sendo un gran éxito, cun mínimo de 30 persoas en cada unha delas e moita demanda”, engade Marisol Rey, concelleira de Turismo.

Esta masiva chegada de visitantes está tendo un gran impacto sobre o comercio e a hostalería, e as previsións que manexa o concello para o mes de agosto son tamén moi boas.


 

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar