Agradecemento do Concello de Viveiro a Viaqua

AGRADECEMENTO DO CONCELLO DE VIVEIRO A VIAQUA

Agradecemento do Concello de Viveiro a Viaqua pola doación de xoguetes

No día de hoxe, María Loureiro García recibiu de mans do persoal de Viaqua a doación de xoguetes que a empresa realizou ao Concello de Viveiro para axudar a que, neste Nadal, ningún neno quede sen o seu agasallo. A empresa concesionaria do servizo municipal de auga entregou 25 agasallos destinados a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 17 anos, que serán entregados a usuarios de servizos sociais. Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a empresa Viaqua por esa loable iniciativa, que xa leva tres anos levándose a cabo.

 

Viveiro, 20 de decembro de 2017

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar