
13
Xullo
AGRADECEMENTO XORNADA ELECTORAL
AGRADECEMENTO POLO COMPORTAMENTO DOS VECIÑOS E VECIÑAS DE VIVEIRO DURANTE A XORNADA ELECTORAL
Dende o Concello de Viveiro queremos agradecer publicamente a todos os veciños e veciñas polo seu comportamento no día de onte, cumprindo exhaustivamente os protocolos que se establecían e as medidas de prevención e protección fronte ao COVID-19; foi un compartamento exemplar e, como Alcaldesa, quero dar as grazas a todos os veciños e veciñas de Viveiro, orgullosos de cómo transcurríu a xornada.
Viveiro, 13 de xullo de 2020.
A Alcaldesa
María Loureiro García