AGRADECEMENTOS TRAS A CELEBRACIÓN DA CAMOVI 2017

AGRADECEMENTOS TRAS A CELEBRACIÓN DA CAMOVI 2017

Tras a celebración, o pasado fin de semana, da sétima edición da Carreira por Montaña Montes de Viveiro, CAMOVI, quero felicitar publicamente aos membros da organización polo excelente traballo realizado; preparar un evento deste tipo require un gran esforzo durante moitos meses e entendo que a mellor recompensa é a satisfacción dos participantes e a súa valoración máis que positiva desta proba. Quero destacar, así mesmo, a gran labor de todos voluntarios que colaboraron para o correcto desenvolvemento desta carreira de recoñecido prestixio a nivel estatal e que, cada ano, atrae ata Viveiro a centos de participantes.

 

A CAMOVI xa forma parte deste municipio e é, sen lugar a dúbidas, unha das citas de referencia no calendario dos seguidores deste deporte. Como acontece con outros eventos, o éxito desta carreira inflúe positivamente no municipio, tanto dende o punto de vista da promoción turística como pola súa repercusión na economía local.

 

Quero, finalmente, facer referencia á implicación de Viveiro  coa CAMOVI, destacando o elevado número de veciños que participaron na proba e ás numerosas persoas que o pasado domingo saíron á rúa para animar aos deportistas desta carreira que se caracteriza pola súa dureza, pero, tamén, polas vista e beleza dos lugares polos que transcorre.

 

Viveiro, na data que figura á marxe.

A alcaldesa

María Loureiro García

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar