ALTRI

ALTRI

A ALCALDESA DE VIVEIRO CONSIDERA “UNHA MOI BOA NOVA” A POSIBLE CHEGADA Á MARIÑA DE ALTRI E ASEGURA QUE “O NOSO CONCELLO SERÍA UN LUGAR IDÓNEO PARA ESTA PLANTA DE FIBRA TEXTIL FORESTAL”

Viveiro, 10 de outubro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, considera “unha moi boa nova” a posible chegada á Mariña da multinacional portuguesa Altri cunha plata de produción de fibras textiles de orixe forestal.

A comarca da Mariña necesita novas deste tipo, sobre todo despois duns anos moi complicados polos casos de Alcoa ou Vestas, e unha aposta empresarial deste tipo pode supoñer tamén a mellora pendente nas infraestrturas da comunicación”, afirma a alcaldesa.

O proxecto suporía a creación de 6.000 postos de traballo na fase de instalación da planta, mentres que a posterior actividade produtiva xeraría 2.000 empregos directos.

O noso concello está disposto e moi preparado para acoller unha industria deste tipo, o noso parque empresarial medrou moito nos últimos anos grazas ao sector da madeira e proxectamos unha ampliación do polígono, hai un núcleo importante de empresas forestais asentadas aquí”, afirma.

A madeira, a pesca e os servizos son sectores prioritarios na economía de Viveiro, por iso a actividade de Altri sería idónea para o noso concello e para o conxunto da comarca da Mariña”, engade Loureiro.


 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar