ALUMEADO DOS PARQUES INFANTÍS

ALUMEADO DOS PARQUES INFANTÍS

O CONCELLO DE VIVEIRO REFORZA O ALUMEADO DOS PARQUES INFANTÍS DO PASEO MARÍTIMO DE VIVEIRO, LODEIRO E PARQUEMAR

 Viveiro, 23 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro informa do remate dos traballos para reforzar o alumeado dos parques infantís do paseo marítimo de Viveiro, de Lodeiro e de Parquemar.

 

Son espazos de ocio e lecer moi utilizados polos nenos e nenas, polo que quixemos acometer esta actuación antes do verán para que as instalacións estén nas mellores condicións”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

 

No parque do paseo marítimo de Viveiro colocáronse dúas columnas de oito metros, con dous proxectores en cada unha delas, de 100 vatios e de 50 vatios. Ademais, cada unha destas columnas ten na parte baixa unha luminaria como as que xa había anteriormente.

 

En Parquemar instalouse unha columna de 10 metros con tres proxectores de 100 vatios e en Lodeiro tamén se instalaron dous proxectores novos. No parque de Lodeiro, queda pendente a colocación de tres luminarias para substituír as xa existentes, quedando este labor pendente por falta de subministración como consecuencia da folga de transportistas.

 

Ademais dos traballos para mellorar a iluminación destes parques infantís, o Concello de Viveiro continúa realizando continúa realizando as tarefas de mellora e mantemento que de forma periódica se levan a cabo nestas instalacións. Entre estes labores inclúese a reparación e suxeición dos elementos de xogo, a substitución dos elementos deteriorados, a reparación do caucho, a corta da herba ou limpeza.

 

Saúdos,

Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar