AMIGOS DE SANTIAGO AVILÉS

AMIGOS DE SANTIAGO AVILÉS

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE Á ASOCIACIÓN “AMIGOS DE SANTIAGO AVILÉS” NA SÚA PRIMEIRA ETAPA DE PEREGRINACIÓN NO CAMIÑO DO MAR

Viveiro, 2 de novembro de 2021. O Concello de Viveiro recibiu o pasado domingo a chegada de 110 peregrinos da asociación Amigos de Santiago Avilés. Este grupo realizará a ruta xacobea polo “Camiño do Mar”, en etapas planificadas cada 15 días.

 

No recibimento ao grupo de peregrinos participaron a concelleira de Turismo de Viveiro, Marisol Rey, e Manuel Vicente, presidente da Asociación de Amigos del Camino del Mar en Peregrinación a Santiago.

 

Este grupo ten previsto chegar a Santiago de Compostela no mes de xuño de 2022, xa que realizan o Camiño de Santiago por etapas cada 15 días. Nesta primeira etapa que realizaron o pasado domingo, o grupo camiñou dende Viveiro a O Vicedo.

 

O Concello de Viveiro, xunto á Asociación de Amigos del Camino del Mar, leva varios anos traballando na promoción e divulgación desta ruta, co obxectivo de lograr o seu recoñecemento por parte da Xunta de Galicia.

 

No mes de xuño, a Igrexa xa recoñeceu esta ruta como un percorrido de peregrinación a Compostela. Actualmente, é posible obter credenciais de peregrinos/as na oficina de Turismo de Viveiro, para poder comezar no municipio a ruta xacobea.

 

A Asociación de Amigos del Camino del Mar, a través do seu representante, Manuel Vicente, facilitou información sobre o percorrido para este grupo. Avánzase ademais que xa se traballa para lograr unha mellor sinalización das etapas.

 

Dende o goberno local destacan a consolidación desta ruta de peregrinación, que terá un beneficio directo na hostalaría e comercio locais. O Concello de Viveiro continuará traballando para promocionar esta ruta, esperando que o seu auxe nestes meses atraia novos peregrinos/as.

 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar