Ampliacion Horario de peche a hosteleria

AMPLIACION HORARIO DE PECHE A HOSTELERIA

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA AMPLIACIÓN NUNHA HORA DO HORARIO DO PECHE PARA A HOSTALERÍA E DO REMATE DAS RESTRICIÓNS DE MOBILIDADE EN BURELA

--Baixan a dez os casos positivos no municipio

 

Viveiro, 22 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas que, na reunión coa Consellería de Sanidade celebrada no día de hoxe, anunciouse a decisión de levantar as restricións de mobilidade que afectaban ao Concello de Burela, polo que xa se poderá entrar e saír dese municipio, e de aumentar o horario de peche para os locais de hostelería nunha hora, polo que quedaría establecida nas 01.00 horas.

 

Polo que atinxe ás demais medidas preventivas, referidas a aforos, agrupacións de persoas ou locais de ocio nocturno, estas continuarán manténdose nos mesmos termos.

 

Á espera de que se publique no Diario Oficial de Galicia a correspondente Orde da Consellería de Sanidade, que entraría en vigor ás 00:00 horas, esta noite os locais de hostelería xa poderán beneficiarse da ampliación horaria, debendo pechar ás 01:00 horas.

 

Ademais, á espera dos datos oficiais correspondentes ao día de hoxe, nesta reunión tamén se informou que número de positivos en Viveiro baixou a 10.

 

O Concello de Viveiro lembra que é preciso seguir cumprindo estritamente todas as medidas de seguridade e prevención, pois aínda que os casos de positivos se van reducindo é fundamental non baixar a garda; consecuentemente, continuarase realizando un rigoroso control do cumprimento destas medidas.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar