AMPLÍACION O  HORARIO DE APERTURA DO CEMITERIO

AMPLÍACION O HORARIO DE APERTURA DO CEMITERIO

O CONCELLO DE VIVEIRO AMPLÍA O HORARIO DE APERTURA DO CEMITERIO POLA FESTIVIDADE DE TODOS OS SANTOS E DEFUNTOS PARA ESPACIAR AS VISITAS E EVITAR AS AGLOMERACIÓNS

Viveiro, 28 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas de Viveiro das medidas organizativas decretadas polo Concello de Viveiro no día de hoxe ante a festividade de Todos os Santos e Defuntos, nas que se inclúen as seguintes cuestións:

 

Primeiro.- Establecer como horario de apertura do cemiterio municipal, dende o venres 30 de outubro ao luns 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, de 9:00 a 21:00 horas.

 

Segundo.- Manter as entradas e saídas habituais ao cemiterio, establecendo a obrigatoriedade de circular sempre pola dereita tanto na entrada e na saída, como no interior do recinto.

 

Terceiro.- Informar da obrigatoriedade de usar mascarilla e manter a distancia social interpersoal.

 

Cuarto.- O aforo do cemiterio limítase ao 50%.

 

Quinto.- Recoméndase a presenza dun máximo de 2 persoas de forma simultánea por sepultura e cunha duración de visita máxima de 30 minutos.

 

Sexto.- Recoméndase que nos cemiterios parroquiais tamén se limite a presenza máxima por sepultura e o tempo da visita, nos termos referidos no punto anterior.

 

Por outra banda, con respecto á regulación do tráfico, infórmase a toda a veciñanza que dende o venres 30 de outubro ao 2 de novembro de 2020, ambos incluídos, a estrada do cemiterio será de sentido único de subida, saíndo polas Nogueiras cara a Pénjamo.

 

Dende o Concello de Viveiro, unha vez máis, solicítase de todos o estrito cumprimento das medidas establecidas polas autoridades sanitarias.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

 

 

 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar