ANÁLISE AUGA PRAIA CELEIRO

ANÁLISE AUGA PRAIA CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA QUE AS ANALÍTICAS SEMANAIS DA PRAIA DE CELEIRO CONFIRMAN A BOA CALIDADE DA AUGA, PERO A PROHIBICIÓN DE BAÑO SEGUE VIXENTE

Viveiro, 29 de agosto de 2023. O Concello de Viveiro anuncia que a terceira das analíticas realizadas na auga da praia de Celeiro nas últimas 3 semanas confirma de novo a súa aptitude para o baño. Non obstante, a prohibición de bañarse no areal continúa vixente.

Esta prohibición produciuse cando a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia eliminou a este areal do programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia por mor dos resultados microbiolóxicos obtidos en tempadas pasadas. Porén, as analíticas realizadas semanalmente dende entón avalan o baño nesta praia.

Dende o Concello sinalan que “o pasado 23 de agosto solicitouse de novo a inclusión da praia de Celeiro no programa de vixilancia sanitaria”, xa que “aos resultados nas últimas analíticas hai que sumar as recentes obras de mellora da EDAR de Celeiro e no emisario”. "Confiamos en que esta situación se resolva o antes posible", engaden.

Ata que o areal non sexa incluído de novo no programa, o Concello continuará informando aos usuarios tanto da prohibición vixente de bañarse nas súas augas como dos resultados microbiolóxicos obtidos nas últimas semanas.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar