ANDAINA CONVOCADA POLO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA

ANDAINA CONVOCADA POLO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA

O CONCELLO DE VIVEIRO FAI UN CHAMAMENTO Á VECIÑANZA E A COMUNIDADE EDUCATIVA PARA PARTICIPAR NA ANDAINA CONVOCADA POLO COMITÉ DE EMPRESA DE ALCOA

Viveiro, 8 de outubro de 2020. O Concello de Viveiro quere realizar un chamamento público á comunidade educativa de Secundaria da Mariña, así como a todos os veciños e veciñas, para a súa participación na andaina convocada polo Comité de Empresa Alcoa San Cibrao, que terá lugar o vindeiro domingo, 11 de outubro, en San Cibrao, dende o cruce do Castelo ata a entrada de acceso á fábrica, de 11:00 a 12:00 horas.

 

Na planta de Alcoa San Cibrao traballan de forma directa unhas 2.000 persoas, incluíndo o persoal da factoría e o das empresas auxiliares; xera, ademais, miles de postos de traballo de forma indirecta. Unha parte importante do PIB da provincia de Lugo corresponde a esta fábrica e o seu impacto económico na comarca es fundamental.

 

“Atopámonos nun momento difícil e complexo, no que se está a traballar para  atopar as ferramentas necesarias que garantan o futuro da planta, a continuidade da produción de aluminio na comarca e o mantemento dos postos de traballo e no que se require a mobilización de todos e todas”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

 

O concello considera que o vindeiro domingo a veciñanza debe saír novamente a rúa para defender o futuro de Alcoa, agardando que a resposta sexa masiva e que esta andaina sirva de exemplo do sentir popular, que preocupa e afecta a todos.

 

Neste sentido, dende o concello remitiuse aos institutos do municipio unha carta, xunto co cartel, animándoos a participar na andaina.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar