24
Abril
APARCAMENTO CAMOVI 2019
Ante a afluencia de visitantes prevista para os vindeiros días, con motivo da celebración da Carreira por Montaña Montes de Viveiro CAMOVI, dende o Concello de Viveiro realizáronse as xestións oportunas perante a Dirección Provincial do INSS e TXSS para poder habilitar como estacionamento a explanada na que se vai construír o novo edificio do INSS, situada ao lado de Correos. Este aparcamento poderá utilizarse dende o venres 26 ata o domingo 28 de abril de 2019 (ambos incluídos).
Viveiro, 24 de abril de 2019.
A Alcaldesa-Presidenta,
María Loureiro García