APARCAMENTO DO PEIRAO

APARCAMENTO DO PEIRAO

O CONCELLO DE VIVEIRO OBTÉN O COMPROMISO DE PORTOS DE GALICIA DE AVANZAR NUN CONVENIO PARA A XESTIÓN MUNICIPAL DO APARCAMENTO DO PEIRAO E DA ANTIGA PARCELA DO CASINO

Viveiro, 30 de setembro de 2019. A alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro, obtivo hoxe o compromiso de Portos de Galicia de avanzar na sinatura dun convenio para que a xestión dos usos do aparcadoiro do peirao e da antiga parcela do casino sexa municipal.

 

Loureiro mantivo unha reunión de traballo, solicitada pola alcaldesa, no Concello de Viveiro coa presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, na que se trataron moitos temas polas numerosas infraestruturas e competencias que ten o organismo autonómico en Viveiro.

 

Falamos tamén da posible eliminación das vallas que separan a avenida de Ramón Canosa do Casino e do porto deportivo, continuando coa nosa idea de abrir Viveiro ao mar”, explica a alcaldesa, “ademáis das demandas da frota de baixura e da necesaria actuación na zona da praia de Celeiro, que debe incluír beirarrúas, iluminación e un novo aparcadoiro”.

 

En opinión da alcaldesa de Viveiro, “foi unha reunión positiva, esperamos que pronto haxa resultados e quedamos en manter novos encontros de traballo a curto prazo, pola convivencia que hai entre a vida portuaria e as dos nosos veciños e veciñas”.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro


 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar