APERTURA DA PREINSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

APERTURA DA PREINSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

O CONCELLO DE VIVEIRO ANUNCIA A APERTURA DA PREINSCRICIÓN NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Viveiro, 19 de abril de 2021. O Concello de Viveiro informa da apertura do prazo de preinscrición na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2021-2022. O prazo estará aberto a partir de mañá, martes 20 de abril, e ata o vindeiro 31 de maio de 2021.

As persoas interesadas no servizo poden recoller as solicitudes de preinscrición na Escola Infantil Munipal, no Centro de Servizos Sociais ou na propia web do Concello de Viveiro.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica.

No caso de xurdir algunha dúbida, as persoas interesadas poden contactar cos teléfonos 982561461 (Escola Infantil Municipal) ou 982550421 (Centro de Servizos Sociais).

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

 

Solicitude Novo ingreso

 

Reserva de plaza

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar