APOIO Á FLOTA DE FONDO DE CELEIRO

APOIO Á FLOTA DE FONDO DE CELEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO MANTERÁ ATA O VENRES 7 DE OUTUBRO A RECOLLIDA DE SINATURAS EN APOIO Á FLOTA DE FONDO DE CELEIRO

Viveiro, 29 de setembro de 2022. O Concello de Viveiro manterá ata o venres 7 de outubro a recollida de sinaturas na entrada da casa consistorial en apoio á flota de fondo.

O concello quere manifestar o seu total apoio ao Porto de Celeiro e pide aos veciños e veciñas que asinen o ‘Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas’.

Ademais, a proposta da alcaldía, o Concello de Viveiro levará ao pleno municipal do 4 de outubro unha moción en apoio do Porto de Celeiro e en contra da nova regulación prevista para a pesca de fondo por parte da Comisión Europa.

O sector pesqueiro español e do resto de países afectados están en serio perigo, e o concello apoia todas as reivindicacións do Porto de Celeiro; o goberno central e a Xunta deben presionar para esixir un cambio de postura inmediato en Bruxelas”, sostén María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Viveiro é sinónimo de pesca, así como outros concellos da Mariña. Todos debemos estar xuntos na defensa do sector, desde o concello tomaremos e impulsaremos todas aquelas medidas que sexan necesarias, non podemos permanecer calados ante un grave ataque como este”, engade a alcaldesa.


Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar