AULA UNED SENIOR

AULA UNED SENIOR

O CONCELLO DE VIVEIRO FACILITA UN AUTOBÚS PARA A VIAXE DO ALUMNADO DA AULA UNED SENIOR

Viveiro, 19 de febreiro de 2022. O Concello de Viveiro continúa colaborando e apoiando as actividades da aula UNED Senior de Viveiro, facilitando neste caso un autobús para realizar a viaxe programada dentro da materia de Econoloxía.


 

Nesta materia de econoloxía, impartida entre o 21 de outubro e o 17 de febreiro, matriculáronse un total de 15 veciños de Viveiro.


 

Deste modo, o pasado 17 de febreiro viaxaron a Brión e Boiro para aprender como xestionan o seu territorio os colectivos vinculados á UNED Senior deses lugares.


 

A xornada, guiada por Carme Freire, contou con visitas ao espazo colaborativo “Transformando Brión”, acondicionado para o colectivo realice alí as súas conservas. En Boiro, visitaron as instalacións do Pazo de Goiáns, onde os usuarios puxeron en marcha unha horta comunitaria.


 

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar