Aumento Padron Habitantes

AUMENTO PADRON HABITANTES

O CONCELLO DE VIVEIRO ASEGURA QUE O PADRÓN DE HABITANTES AUMENTOU EN 116 VECIÑOS E VECIÑAS NESTE 2020, CON 403 ALTAS DESDE O 1 DE XANEIRO

Viveiro, 17 de outubro de 2020. O padrón de habitantes do Concello de Viveiro experimentou un incremento poboación no que vai de ano, cun total de 116 veciños máis con respecto ao 1 de xaneiro de 2020.

 

A poboación do municipio a primeiros de ano era de 15.511; nestes meses, producíronse 287 baixas e 403 altas, resultando un total de 15.627 persoas empadroadas actualmente.

 

Das 403 altas rexistradas, 52 corresponden a nacementos; 281, a cambios de residencia dende outro municipio; e 57, a cambios de residencia dende o extranxeiro.

 

Dende o equipo de goberno valórase positivamente este dato e agárdase que esta tendencia se manteña, tendo en conta, sobre todo, que Viveiro é un municipio no que adoitan residir moitas persoas que figuran empadroadas nos concellos limítrofes ou da comarca, polo que a poboación real de Viveiro é superior ás cifras que figuran no padrón de habitantes.

 

Neste sentido, o equipo de goberno engade que “sería bo que todos as persoas que residen e fan vida aquí, se animasen a empadroarse tamén en Viveiro”.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar