
14
Xuño
AVISO OBRAS DE RENOVACIÓN DA CALZADA NA LU-540
AVISO OBRAS DE RENOVACIÓN DA CALZADA NA LU-540
O Concello de Viveiro informa que desde hoxe, día 14 de xuño, e ata o día 24 vaise acometer a primeira fase das tarefas de pavimentación da estrada LU-540, na gabia que no seu momento se abriu para instalar a tubería de gas.
Os traballos iniciaranse á altura da gasolineira de Magazos e discurrirán ata Verxeles. O goberno local pide disculpas polas molestias que se poidan producir.