AXUDAS DA XUNTA PARA REHABILITACIÓN

AXUDAS DA XUNTA PARA REHABILITACIÓN

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DA CONVOCATORIA DAS AXUDAS DA XUNTA PARA REHABILITACIÓN VINCULADAS AOS FONDOS NEXT GENERATION DA UE

Viveiro, 23 de maio de 2022. O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou o día 16 de maio a resolución do 5 de maio de 2022, pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, para o ano 2022, con carácter plurianual (código de procedemento VI406G).

 

A finalidade destas subvencións é o financiamento da elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción dos proxectos de rehabilitación necesarios para solicitar unha subvención do Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio.

 

O importe das axudas variará en función do número de vivendas. O prazo de solicitude remata o día 30 de novembro de 2022.

 

Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como que o edificio obxecto das actuacións debe estar rematados ante do ano 2000 e que polo menos o 50% da superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

 

Para máis información e/ou tramitar as solicitudes da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982562968.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar