AXUDAS IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONOMICA

AXUDAS IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONOMICA

O CONCELLO DE VIVEIRO RECIBE CASE 300 SOLICITUDES EN TRES DÍAS PARA AS AXUDAS AO IMPULSO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA

Viveiro, 28 de xullo de 2020. O Concello de Viveiro recibiu en só tres días un total de 294 solicitudes para optar ás axudas ao impulso da actividade económica, ás que poden optar os autónomos, microempresas, pequenas empresas, comunidades de bens, sociedades civís ou entidades económicas empresariais sen personalidade xurídica, obrigados a suspender a actividade pola pandemia.

O prazo para a presentación de solicitudes comezou o xoves 23 de xullo e prolongarase ata o vindeiro 23 de agosto de 2020. Nestes tres días, presentáronse as citadas 294 solicitudes, unha cifra importante que vén a avalar este Plan de reactivación económica posto en marcha polo Concello de Viveiro, en virtude do acordo asinado entre o goberno municipal e o grupo Por Viveiro, co obxectivo de minimizar o impacto social e económico provocado pola pandemia do COVID-9.

Dende o goberno local valórase positivamente a gran cantidade de solicitudes presentadas e lémbrase que estas axudas, ás que se destinan un total de 400.000 euros, establecen un importe de 850 € por cada beneficiario.

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar