AXUDAS PARA O ALUGAMENTO DE VIVENDA

AXUDAS PARA O ALUGAMENTO DE VIVENDA

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA DAS AXUDAS PARA O ALUGAMENTO DE VIVENDA DENTRO DO PLAN ESTATAL PARA O ACCESO A VIVENDA 2022-2025

Viveiro, 16 de xaneiro de 2024. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 11 de xaneiro a resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2024.

A finalidade destas subvencións é facilitar unha vivenda en réxime de alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias. As axudas serán de ata o 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.

Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como ter uns ingresos inferiores o 3 IPREM e non inferiores a o 0,5 IPREM (nos casos de familias numerosas e unidades familiares con persoas con certas discapacidades, os ingresos poden chegar a 4 ou 5 veces o IPREM); non ter vivienda en propiedade, non ter débedas coas administracións.

O prazo de solicitude remata o día 29 de febreiro de 2024.

Para máis información e/ou tramitar a solicitude da axuda, poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982 562968.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar