BANCO ROJO

BANCO ROJO

O CONCELLO DE VIVEIRO XA TEN O SEU ‘BANCO ROJO’ PARA CONCIENCIAR E DAR VISIBILIDADE Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Viveiro, 24 de novembro de 2020. O Concello de Viveiro conta desde hoxe co seu ‘Banco Rojo’, unha iniciativa destinada a concienciar e dar visibilidade á loita contra a violencia de xénero.

O ‘Banco Rojo’ é un proxecto internacional cultural e pacífico de prevención, información e sensibilización contra o femicidio. O seu obxectivo é facer reflexionar a quen vexa este símbolo, porque o desenlace fatal é evitable se a violencia detense a tempo.

A inauguración do banco na Praza da Habana, á que asistiu a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández Noriega, é unha das actividades organizadas polo Concello de Viveiro dentro da campaña ‘En negro contra as violencias’.

Mañá, día 25, haberá unha concentración silenciosa ‘En Negro’ ás 12:00 horas na praza Maior, onde se lerá un manifesto reivindicativo. “Este ano máis que nunca queremos sumarnos a esta campaña, xa que a violencia de xénero segue aí e incluso producíronse máis situacións e casos preocupantes polo confinamento derivado da pandemia”, asegura a alcaldesa de Viveiro.

Xa que este ano son más complicadas as actividades presenciais, o concello invita a todos os axentes sociais (comercio, centros educativos, etc) e á veciñanza a participar na campaña ‘En Negro’ a traves de redes sociais. Na web ennegrocontraasviolencias.gal pódese descargar todo o material. Os hashtag serán #EnNegroContraAsViolencias, #EnNegro2020, #GaliciaEnNegro, #QuerémonosVivas e #NonEstásSoa.

Finalmente, o venres o Concello de Viveiro acollerá unha nova reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, presidida pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero constituíse en outubro de 2018 e nela están representados todos os axentes sociais que traballan en Viveiro contra a violencia de xénero.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

 

mércores 25 de novembro, realizarase unha concentración silenciosa na praza Maior pola campaña ‘En Negro contra as violencias

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar