BANDA NAVAL DE VIVEIRO

BANDA NAVAL DE VIVEIRO

O CONCELLO DE VIVEIRO QUERE TRASLADAR A SÚA NORABOA Á BANDA NAVAL DE VIVEIRO, QUE CUMPRE OS SEUS PRIMEIROS 20 ANOS, E Á SÚA NOVA DIRECTORA, INMA COSTA

   Viveiro, 28 de marzo de 2022. O Concello de Viveiro e a súa alcaldesa, María Loureiro, queren trasladar públicamente a súa noraboa á Banda Naval de Viveiro, unha agrupación musical que cumpre os seus primeiros 20 anos de historia.

Forman xa parte de Viveiro, a súa música está nos momentos más importantes do ano para os nosos veciños e veciñas, polo que desexo moitos máis aniversarios de música e historia para a Banda Naval de Viveiro; estou convencida de que así será”, asegura María Loureiro.

Ademais, a alcaldesa estende a felicitación á nova directora da banda, Inma Costa, “unha muller nova que se formou nesta banda desde os seus comezos e agora a dirixe con mestría”.

Despois do parón obrigado pola pandemia, este sábado celebrouse de novo o Certame de Bandas Cidade de Viveiro, xa con Inma Costa á fronte da Banda Naval.

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar