BAÑOS PÚBLICOS

BAÑOS PÚBLICOS

O CONCELLO DE VIVEIRO MANTERÁ ABERTOS TRES BAÑOS PÚBLICOS DURANTE TODO O ANO PARA MELLORAR OS SERVIZOS Á VECIÑANZA

Viveiro, 7 de setembro de 2023. O Concello de Viveiro manterá "abertos durante todo o ano, non só no verán, unha serie de baños públicos para o uso da veciñanza e os visitantes", explica a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez.

O primeiro deles é o ubicado en Covas, onde a parrillada do parque. Tamén estarán abertos todo o ano os que se atopan ao final no paseo desta praia, no pequeño parque alí situado. Este último está específicamente deseñado para ser empregado por persoas con mobilidade reducida, aínda que o outro tamén está adaptado para posibilitar este uso.

Finalmente, como novidade, o aseo que está ubicado debaixo do templete de música tamén poderá ser empregado todo o ano. O Concello pide a colaboración da veciñanza para manter estes baños públicos o máis limpos e coidados posibles.

Ademais destes tres baños públicos dispoñibles todo o ano, os da praia de Area tamén se manterán abertos durante o mes de setembro.

Saúdos, Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar