BIBLIOTECA MUNICIPAL

BIBLIOTECA MUNICIPAL

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VIVEIRO LOCE UN NOVO MURAL DO ARTISTA VAN KRAFT ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO

Viveiro, 20 de abril de 2021. O Concello de Viveiro anuncia que xa se pode visitar o mural realizado polo artista Van Kraft na entrada da Biblioteca Municipal, unha obra que evoca a figura de Rosalía de Castro. 

A Deputación de Lugo, a través da súa área de Cultura, escolleu Viveiro como un dos municipios que acollería este tipo de intervencións artísticas arredor da figura de Rosalía.

É un orgullo poder divulgar a figura de Rosalía nun lugar tan emblemático como é a entrada da nosa biblioteca municipal, onde poderemos contemplar ou fotografar o mural”, afirma Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura de Viveiro. 

Estas actividades forman parte do programa impulsado en diferentes concellos pola vicepresidencia da Deputación para eloxiar á autora, que comezaron o pasado 24 de febreiro, data do seu nacemento. 

Agradecemos o labor realizado pola Deputación de Lugo na posta en valor da autora máis importante na nosa lingua. Este tipo de iniciativas permiten que conectemos a cultura coa mocidade, empregando as súas linguaxes”, subliña María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. 

Así, dende esta semana, as persoas interesadas poderán achegarse ata a Biblioteca Municipal de Viveiro para contemplar a súa renovada entrada, onde loce agora o mural de Van Frakt. O rostro da escritora preside o espazo, a escasos metros dos andeis que albergan os seus libros. 

  

Saúdos, 

Comunicación Concello de Viveiro

 

 

  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar