BIKE EXTREME 2023

BIKE EXTREME 2023

O CONCELLO DE VIVEIRO PRESENTA A VIVEIRO BIKE EXTREME 2023

Viveiro, 27 de xullo de 2023. O Concello de Viveiro presentou unha nova edición da Viveiro Bike Xtreme BTT-XCM 2023 Copa de Galicia e Marcha Cicloturista. O evento reunirá á élite do ciclismo galego e asturiano na vila na que é xa a súa edición número 14.
 
A presentación contou coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e dos socios da organizadora Peña Lar de Viveiro.
 
"Como vimos facendo desde hai anos, desde o concello apoiamos todas as iniciativas que combinan deporte e natureza", afirma Loureiro. 
 
A Viveiro Bike Extreme BTT-XCM 2023 contará en total cuns 150 participantes, e constará de dúas partes principais. Por unha banda, a Copa Galega desta modalidade, unha proba puntuable para o campionato de Galicia de maratón.
 
Tamén haberá unha marcha cicloturista, en bicicleta todoterreno, con dous percorridos, un longo de 65 quilómetros e un curto de 47 quilómetros. 
 
Dende o Concello animan á veciñanza e persoas que o desexen a participar nesta última proba en vindeiras ocasións, ao ser esta "moi asequible" para ciclistas afeccionados.
 
Saúdos,
Comunicación Concello de Viveiro
  • Máis fotografías

  • Uso de cookies
    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

    continuar