BLAS GARCÍA LIZ

BLAS GARCÍA LIZ

CONSTERNACIÓN E TRISTEZA NO CONCELLO DE VIVEIRO POLO INESPERADO PASAMENTO DO PRESIDENTE DA BANDA MUNICIPAL O LANDRO DE VIVEIRO, BLAS GARCÍA LIZ

Viveiro, 2 de setembro de 2021. O Concello de Viveiro quere manifestar a súa consternación polo inesperado pasamento do presidente da Banda Municipal O Landro de Viveiro, Blas García Liz.

 

Deixa un fondo baleiro dada a súa dedicación a dita agrupación, na que practicamente leva dende rapaz alternando tanto a súa faceta de músico como en cargos directivos e, dende hai preto de catro anos, como presidente”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

 

Vaise unha persoa íntegra e traballadora que sempre loitou por ter a Banda de Música O Landro no escalafón máis alto.

 

Confiemos en poder seguir adiante con ese traballo e o seu legado para poder manter esta banda centenaria.

 

O noso máis sentido pésame a súa viúva e fillos, irmáns e pais, así como aos compoñentes, directivos e membros da Banda Municipal O Landro.

 

 

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro 

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar