BONO CULTURA

BONO CULTURA

O CONCELLO DE VIVEIRO RECORDA Á MOCIDADE QUE SEGUE ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O BONO CULTURA

Viveiro, 20 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro recorda á mocidade que segue aberto o prazo para Solicitar o Bono Cultural emitido polo Ministerio de Cultura e Deporte ata o lunes 31 de outubro. Destinado aos mozos e mozas nados en 2004, e ata cumprir os 18 anos, o bono permite adquirir e desfrutar de productos e actividades culturais por un importe de 400 euros.

Para levar a cabo a inscripción precísase dun certificado electrónico, da clave pin ou achegarse ás Oficinas de Correos autorizadas. A mocidade interesada pode contactar ca Oficina Municipal de Información Xuvenil de Viveiro para iniciar a tramitación ou recibir asesoramento para facelo.

O bono cultural pode solicitarse na modalidade de tarxeta on line ou física, e ten un ano de duración dende a súa emisión.

A cuantía é de 200 euros para patrimonio cultural e artes en vivo (concertos, entradas a cines, museos, espectáculos teatrais, musicais, etc.); de 100 euros para productos culturais en soporte físico (libros, discos, revistas ou videoxogos, por exemplo) e de 100 euros para consumo dixital o en liña (coma suscricións a plataformas dixitais de música, cine, audiolibros, podcasts ou publicacións periódicas).

Saúdos, Comunicación do Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar