BONOS IMPULSO DA DEPUTACIÓN

BONOS IMPULSO DA DEPUTACIÓN

O CONCELLO DE VIVEIRO INFORMA AOS SEUS VECIÑOS DE QUE XA PODEN SOLICITAR OS BONOS IMPULSO DA DEPUTACIÓN PARA CANXEAR NO COMERCIO E HOSTELERÍA LOCAIS

Viveiro, 1 de xuño de 2021. O Concello de Viveiro informa aos seus veciños de que a partir de hoxe poden solicitar os Bonos Impulso da Deputación de Lugo. Esta iniciativa pretende reactivar o comercio e a hostalería locais, outorgando á cidadanía descontos de 30 euros en compras a partir dos 60 euros.

A institución provincial repartirá 17.000 descontos nominativos entre os 67 municipios da provincia e que poden solicitarse dende hoxe ata o vindeiro 21 de xuño. Todos os veciños e veciñas empadroados en Viveiro, ou noutros municipios da provincia, maiores de 18 anos poden inscribirse na web: http://deputacionlugo.gal/temas/emprego/bonoimpulso 

Así mesmo a institución provincial ten habilitado o teléfono 982260204 e o enderezo electrónico bonoimpulso@deputacionlugo.org para calquera dúbida que poida xurdir.

Os bonos poderán canxearse en calquera comercio, negocio de hostelería e servizos, agás compra de bebidas alcohólicas, tabaco e lotarías, e co prazo máximo ata o 31 de agosto de 2021.

Non obstante, a veciñanza de Viveiro deberá canxear o seu bono nos establecementos adheridos á iniciativa no municipio. Deste modo, garantízase o investimento nos negocios locais de Viveiro máis afectados pola pandemia do COVID-19.

Os bonos adxudicaranse por orde de solicitude, que pode presentarse mediante a sede electrónica ou nas oficinas de Rexistro.

A Deputación de Lugo pretende así mobilizar máis de 1’5 millóns de euros nos sectores máis afectados pola crise sanitaria, grazas ao efecto multiplicador dos descontos, é que repercutirán positivamente na economía de Viveiro.

Saúdos,

Comunicación Concello de Viveiro

 

Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies

continuar